Treito final da campaña “Sentir a Carrilana”

Entramos na fase final da recaudación de fondos do proxecto “Sentir a Carrilana”, a falta de pouco máis de 10 días e co 83% de fondos redaudados a experiencia non pode ser máis prometedora.

“Sentir a Carrilana” esta a piques de convertirse nunha realidade, desde as carrilanas estamos traballando arreo para acadar que o Gran Prix de Carrilanas se convirta nun evento de incluslión social donde nenos e nenas con diversidade funcional sexan os auténticos protagonistas da festa. Queremos tirar cos muros que impiden aos cativos con problemas visuais formen parte activa da festa e que eles sexan pilotos por un dia sentindo as carrilanas.

Xa son máis de 130 persoas as que a día de hoxe colaboraron con “Sentir a Carrilana”. Estamos no sprint final e a punto de cruzar a liña de meta pero seguimos a precisar o último empurrón que nos axude acadar este soño social colaborativo.

Os 10 días que faltan son de vital importancia para acadar os fondos necesarios e completar así con éxito a primeira fase do proxecto, lembramos que é unha camapaña do (Todo ou Nada), no caso de non acadar os fondos mínimos o proxecto cancelaráse e se devolveráselle o diñeiro a cada persoa que aportou.

Así que, se aínda non puxestes o teu graniño de area, lembra que podes facelo a través de www.goteo.org.

Desde a organización non podemos estar máis orgullosos de tódalas persoas que nos están a apoiar nesta aventura, moitas grazas de corazón a cada un de vós.