Foron moitos os que nos preguntastes cando saían as bases… pois xa están aquí!

Xa esta aberta a inscrición no espazo de astesanía das Carrilanas de Esteiro 2026! Se es artesán ou artesá e buscas un espazo cheo de ambiente, tradición e diversión, non podes perder a oportunidade de participar neste evento único.

Para participar no Mercado das Carrilanas de Esteiro 2026, só tes que seguir estes sinxelos pasos. En primeiro lugar, descarga o formulario de inscrición desde a nosa páxina web oficial. Nel atoparás toda a información necesaria para formalizar a túa participación e reservar un espazo para o teu posto.

Unha vez cuberto o formulario, envíao por correo electrónico a mercado@carrilanasesteiro.gal. O noso equipo estará encantado de recibir a túa inscrición e resolver calquera dúbida que poidas ter.

Para confirmar a reserva do teu espazo no mercado será necesario realizar un pagamento de 120 € mediante transferencia bancaria. Este importe garante a túa participación e contribúe á organización do evento, así como aos servizos de seguridade e vixilancia da zona dos postos. Lembra achegar o comprobante do pagamento xunto coa documentación da inscrición.

Non deixes pasar a oportunidade de formar parte dunha das citas máis especiais do verán. O Mercado das Carrilanas de Esteiro é moito máis ca unha feira: é un punto de encontro para a creatividade, o traballo artesanal e o espírito festivo que caracteriza esta celebración.

Inscríbete xa e prepárate para vivir unha fin de semana inesquecible no Mercado das Carrilanas de Esteiro 2026!

Descarga o formulario premendo aquí.

Consulte as bases do espazo de artesanía aquí.