XXXVI GRAN PRIX DE CARRILANAS DE ESTEIRO
17, 18 e 19 de xullo de 2026
O xoguete mimado volve á Costa do Maio
A paixón dunha vila non se mide en palabras. Mídese en xeracións que manteñen vivas as súas tradicións, en persoas que crean, colaboran e soñan xuntas. Mídese nas familias que medran arredor desta festa, nos nenos e nenas que a descobren por primeira vez e en quen leva toda unha vida agardando por estas datas.
As Carrilanas de Esteiro son o resultado de todo iso: cultura, arte, velocidade, identidade e convivencia. Un evento que une veciñanza, visitantes e xeracións arredor dunha mesma ilusión: a carrilana.
A madeira, se a coidas, dura toda a vida.
As tradicións, tamén.
Pronto, toda a programación.
Deseño de Guillotina Estudio.





