Sentir

SENTIR A CARRILANA

O proxecto  “Sentir a Carrilana”  pretende crear unha  experiencia familiar inclusiva, para nenos e nenas con discapacidade visual, que sentirán a sensación única de pilotar unha carrilana de madeira.

O Gran Prix de Carrilanas de Esteiro, nace no ano 1988 como unha alternativa de ocio para a fin da semana das festas patronais do pobo. A Carrilana, icono dos xogos populares da cultura galega, convírtese na referencia cultural e festiva na comarca.

Bólidos de madeira sen motor completamente artesanais, pezas únicas no mundo, que descenden por un circuito de case 3km de percorrido, ao que acoden máis de 40.000 persoas durante a fin de semana.

Un evento no que se fusionan tradición, artesanía, cultura e velocidade dun xeito singular, acadando gran repercusión e afluencia de público, logrando no ano 2000, a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.

En 2020, celebrarase a XXXIII edición ininterrumpida desta festa no que pretendemos poder realizar este ambicioso proxecto como é o de “Sentir a Carrilana” coa colaboración da ONCE

Fabricación de carrilanas para nenos e nenas con difucultades visuais

O obxetivo é a construcción de 4 carrilanas de madeira tipo “Sidecar” totalmente adaptadas para nenos e neas con discapacidade visual.

O importe do crowdfunding será destinado únicamente a cubrir os custos dos materiais, pois a fabricación será realizada pola directiva e os voluntarios do evento.

Esta, é unha das características fundamentais do evento, financiación colectiva sen ánimo de lucro e voluntariado, motivo polo cal debe ser a premisa tamén deste proxecto.

A carrilana será pilotada por unha persoa de relevancia mediática invitada pola organización. Noutros anos, participaron Xosé Olveira Pico, Miguel de Lira, Iván Ares ou Luis Zahera. A idea é a de convidar a persoas vinculadas ao mundo da cultura e o deporte.

A carrilana terá dous volantes, un volante principal controlado polo piloto/a 1, e un volante secundario que xirará solidario co volante principal. Deste xeito, o neno ou nena, poderá ter a sensación real da dirección e ángulo de cada curva.

A quen vai dirixido o proxecto?

A idea deste proxecto e que nenos e nenas con discapacidade visual poidan sentir as sensacións de participar nunha carreira de carrilanas integrándose e sendo partícipes da festa pilotando unha carrilana tipo “Sidecar”.

Pode descargar o proxecto en PDF aquí.

Colaboración ONCE

A colaboración da ONCE  será fundamental, pois carecemos da formación profesional adecuada para a atención destes nenos e nenas con discapacidade visual. A entidade deberá propoñer que familias estarían dispostas a participar no proxecto, dar soporte profesional e colaborar nas tarefas de difusión e comunicación.

Crowdfunding

La organización de la A.D.C. Esteirana de Carrilanas pon en marcha este ambicioso proxecto de crowdfunding co que pretende por en marcha a fabricación das carrilanas para que estas estén listas na XXXIII edición do Gran Prix.

Orzamento

O proxecto terá un orzamento estimado de 10.000€ divididos nas seguintes partidas:

Partida 1: Fabricación de Carrilanas : 6.000€

Partida 2: Imprenta: 2.000€

Partida 3: Difusión e pilotos invitados: 2.000€

Descargar en PDF

Pode baixar o proxecto en formato PDF  premendo aquí.

¿Como colaborar?

Pode colaborar con este proxecto a través da páxina: www.goteo.org