¡Volvemos con más gañas que nunca!

A Covid-19 obligounos a parar, pero chegou a hora de voltar a rodar con máis gañas que nunca. Despois do apagón provocado pola Covid-19 donde, por primeira vez en 30 anos, as carrilanas tiveron que quedar en boxes sin poder baixar pola costa de O Maio, a ADC Esteirana de Carrilanas recupera para este 2022 a normalidade das súas actividades.

Durante os anos da pandemia, a práctica totalidade da nosa programación quedou relevada a pequenos eventos que impediron que se paralizase a actividade cultural do Concello de Muros. Pequenos concertos de aforo limitado, donde se extremou a seguridade e as medidas de hixiene, os denominados “KM0” e o GP Virtual foron un claro exemplo de elo.

Sen embargo, espazos como o espazo de artesanía tiveron que ser cancelados durante este tempo debido ás medidas sanitarias impostas. Un espazo que a pesar de levar soamente dúas edicións dentro da programación das Carrilanas de Esteiro estaba tendo moi boa acollida entre todos os asistentes. Agora, por fín, poderemos voltar a contar con iste espazo escaparate de arte no que poderán participar tódalas asociación e artesanos que así o desexen.

Desde o 14/06 ao 12/07 está aberto o prazo de inscrición para poder participar como expositor no “III Espazo de artesanía”.

Para asistir como expositor é necesario cumprimetar a solicitude que pode baixar na seguinte ligazón:

https://www.carrilanasesteiro.gal/wp-content/uploads/2022/06/Inscricion.pdf

Unha vez cuberta débese aboar a cantidade 30€ na conta bancaria indicada na folla de rexistro, como concepto de seguridade e vixiancia. A solicitude terase que enviar por email a mercado@carrilanasesteiro.gal donde validaremos os datos e procederemos coa autorización da solicitude.