Falece o Presidente de Honra D. Ramiro García Núñez “Gerente”

COMUNICADO OFICIAL

O Presidente de Honra da A.D.C. Esteirana de Carrilanas D. Ramiro García Núñez “Gerente”, faleceu no día de hoxe en Esteiro aos 91 anos de idade.
A A.D.C. Esteirana de Carrilanas desexa trasladar o pésame a todos os seus familiares, amigos e achegados.
Querido Mestre:
A tristeza que hoxe nos invade xamais conseguirá facer que esquezamos todo o que aprendemos baixo a tutela do teu bastón de guallacán.
Tan só podemos darche as grazas por confiar en nós, abrirnos as portas da túa casa cando eramos uns auténticos nenos e contaxiarnos a paixón polo noso Gran Prix.
As carrilanas quedan como exemplo para todo o mundo da obra e vida dunha persoa excepcional, íntegra e cun talento inimitable.
Grazas por permitirnos compartir vida e traballo contigo Gerente. Recordaremos cada anécdota que vivimos contigo cun sorriso acompañado con bágoas de felicidade por ter compartido equipa.
O teu legado será eterno vello amigo.
Prometémosche que seguiremos facendo unha “festa tremenda”.
Ata sempre avó, descansa en paz.